Realcode

Obxectivos e fitos

REAL_CODE nace con tres grandes obxectivos:

  1. Ampliar o marco teórico na relación entre a comunicación e o desenvolvemento.
  2. Fomentar o debate entre grupos europeos e latinamericanos cara a consolidación dun ámbito de estudo común.
  3. Facilitar a transferencia de coñecemento entre a sociedade e o ámbito académico, nun camiño horizontal e de ida e volta.

 

Os obxectivos inmediatos da Rede, para a súa consolidación son:

  • A xeración dun marco de consolidación de investigadores no estudo da relación entre comunicación e desenvolvemento, a través do favorecemento da mobilidade de investigadores e alumnado en etapa de tese.
  • Reflexión sobre a influencia da relación entre comunicación e desenvolvemento nos plans docentes. Estimular ou apoiar a formación interuniversitaria a partir dos recursos da Rede.
  • Xeración de redes de colaboración coa base social e financeira da rede.
  • Marco de indicadores a cubrir polos grupos SUG, que recibiron o apoio da administración europea e galega, co apoio e desenvolvemento da Rede:
    1. lectura de teses doutorais.
    2. pechar colaboracións e convenios coa base social, ou contratos con entidades que financien transferencia de coñecemento.
    3. publicacións comúns.
    4. entrar en proxectos en marcha doutros grupos da Rede ou que se lle outorgue algún proxecto en nova liña de traballo.